5/5/09

INTENTEMOS QUE ISTO CAMBIE

Din que o home é sabio, sempre o home. Utilizan o home para todo. Este foi o primeiro en nacer, o primeiro en traballar, o primeiro en ser alguén. Sempre el, el, el…

E a muller, como non, a última para todo. Sempre se identificou a muller como ser tolo e inútil. Esta sería a súa primeira acepción no dicionario. Obxecto sexual, utilícena ben e intenten que non fale, a segunda.

A sociedade cambiou, non hai moito, pero aínda lle queda por aprender. Agora a muller está neste caso: pode traballar pero segue sendo obxecto para homes. Do que non se dan conta é de que, no mundo, sempre hai de todo; por agora a muller leva moitos traballos a un tempo. Na casa actúa como nai, esposa, ama de casa, e logo ir ao traballo. E sempre ten tempo de ser obxecto para eles. Sempre foi así, e así foi como a muller cambiou.

Nace a obsesión. Como exemplo, o caso de Gina, unha rapaza extrovertida e moi sociable, que cambia segundo pasa o tempo. A súa infancia? Poderíase dicir que dende que ten memoria, noción do tempo, na súa cabeza esa palabra practicamente non existe. Por que? Pois porque, a súa infancia estivo marcada polo maltrato. Practicamente toda a súa vida estivo marcada polo maltrato. Era escrava de seu pai, e se algo non facía como este quería, golpe que levaba. Se ao pai lle ía mal no traballo, as poucas veces que ía, pagábaas con ela. Isto sempre era así. A nai? Pois a nai outro tanto, outra vítima incluso maior. Aínda que sempre a golpeaba tamén, cada vez que intentaba defender a súa filla levaba unha dobre. A nai de Gina sempre lle dicía que liscase de alí canto antes. Pero figúrese como ía ser Gina capaz de deixar a nai soa con ese maltratador.

Un día, cando o pai de Gina chegou a casa e non tiña a cea preparada, tan grande foi o porrazo que lle pandou á súa filla, que a deixou inconsciente. Dende esta, a nai obrigouna a liscar e intentar facer unha vida normal.

Polo que viviu Gina, mentres estivo fóra, sacou a conclusión de que ,moitas veces, se quería conseguir traballo o que máis importaba era o físico. Ela tiña moi bo físico, pero estaba obsesionada; mirábase ao espello e non vía o que verdadeiramente era. Puña a escusa do traballo para deixar de comer, dicía non ter tempo. Perdeu moitos quilos pero foi continuando coa súa vida. Coñeceu moitos homes. Coa maioría, mentres falaba, sentía que falaba soa. No traballo moitas veces críase observada, e de certo estaba sendo observada. Moitos homes se lle insinuaron e incluso lle faltaron ao respecto. Como xa lle dicía, todos os homes son iguais, e todas as mulleres son obxectos para eles.

Coñeceu un rapaz que simulaba ser unha persoa decente e respectuosa, aínda que resultou totalmente o contrario. Estiveron saíndo durante moito tempo, ata viviron xuntos. Mentres tanto ela foi quen o mantivo; non quería traballar e, cada vez que Gina lle propuña un traballo, levaba unha zurra. Debía ser para que non perdera o costume e non esquecera a infancia. Moitas veces incluso a obrigaba a compracelo sexualmente. Gina encontrou unha solución a todo isto, e non a máis axeitada. Descubriu, ou pensou, que para esquecerse dos problemas ou para levalos mellor, a droga era a mellor saída que lle quedaba. Agora Gina era unha moza moi demacrada, moi pouco sociable, marcada polas súas vivenzas, desesperanzada por un lado, pero por outro, co soño de lograr saír cara adiante. A familia? O que ela pensaba como familia, era súa nai. E non, de ninguén volveu saber nada. Nos seus pensamentos cría o peor. Pero intentaba, necesitaba non pensar neles. Estaba claro que a Gina que soñara con ser alguén na vida, xa non a era. Cada vez ía perdendo as esperanzas que lle quedaban e tamén os cartos. Os que gañaba trocábaos por droga. Pasou así moito tempo. A súa parella seguía cos maltratos e abusos. Ela intentaba deixar a droga e non podía. Por outro lado, tampouco comía, pero traballar seguía traballando. Estábase matando pouco a pouco pero a grandes zancadas. Cando quixo recuar xa era demasiado tarde. Dispoñíase a denuciar os maltratos da parella cando esta a obriguou a dar explicacións. Non conviña contestar posto que, despois desta, Gina non volveu contala.

Opinión ao respecto, conclusión? A sociedade avanzou pero non tanto. As ideas hai que tomalas a tempo, non esperar o último momento. No caso de Gina, a pesar da súa experiencia na infancia, non logrou darse conta a tempo do que lle estaba a ocorrer. E isto foi contado a grandes trazos, pola nosa cuestión de tempo, pero opino que o suficiente para plasmar os trazos principais. Parece que hoxe en día a violencia de xénero, o maltrato e incluso o maltrato a un mesmo como a anorexia, bulimia e drogas, está moi de moda na sociedade actual. Esta supoño que sería a conclusión que tomaría moita xente. Todo o mundo ten que intentar que isto non pase. O tema de hoxe era centrado nas mulleres pero existen tamén moitos casos en homes. Por desgraza parece que isto vai a peor. Intentemos todos que isto non suceda.

Por Estela, de 4º ESO B.